En cumprimento do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á la libre circulación destes datos (“Regulamento Xeral de Protección de Datos” ou “RXPD”), e do artigo 11 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informamos que os datos que vostede nos facilite a través do presente formulario, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade da Coruña (UDC), sendo os seus datos de contacto Rúa Maestranza 9, 15001, A Coruña, teléfono 981167000, correo electrónico secretariaxeral@udc.gal

A finalidade do tratamento destes datos persoais é a inscrición en calquera dos servizos prestados pola Área de Deportes da UDC e a xestión da súa participación neles. Todas as persoas que entren en contacto con estes datos coa citada finalidade cumprirán o deber de confidencialidade establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD).

Os seus datos poderán ser cedidos ou comunicados a aquelas persoas físicas ou xurídicas que, en virtude de contrato ou convenio coa UDC, sexan designadas para prestar servizos propios da Área de Deportes da UDC (como entrenamento, monitorización, arbitraxe, etc.). Estas persoas externas á UDC só poderán recibir e utilizar os seus datos coas finalidades específicas para as que foron designadas, que é a prestación de tales servizos propios da Área de Deportes, e terán a condición de encargados de tratamento dos datos persoais.

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade. Unha vez finalizada a relación de prestación do servizo, os datos serán bloqueados e permanecerán almacenados ata un máximo de 6 anos, sen prexuízo da posibilidade de exercitar en calquera momento o dereito de solicitar a supresión dos datos.

Mediante a cumprimentación deste formulario, vostede consinte expresamente no citado tratamento de datos aos efectos de cumprir coa finalidade descrita, e terá dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos. Así mesmo, vostede ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse ao citado tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poder público, a portabilidade dos seus datos. Tales dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Secretaría Xeral, Reitoría da Universidade da Coruña, Rúa Maestranza 9, 15001 de A Coruña ou ao correo electrónico secretariaxeral@udc.gal, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito firmado ao efecto achegando fotocopia do seu DNI. Igualmente poderá dirixir esta solicitude directamente ao Delegado de Protección de Datos, á mesma dirección postal anteriormente indicada, ou ao correo electrónico dpd@udc.gal Asemade, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

A simple manifestación do seu consentimento en relación con este tratamento dos seus datos persoais nas condicións descritas, é suficiente sempre que se superen os 14 anos de idade. No caso de persoas de 14 anos ou menores desta idade, esta manifestación só será válida se ven ratificada por un correo electrónico a infodeportes@udc.gal enviado polos titulares da patria potestade ou tutela (ou só por un titular, se manifesta o consentimento de ambos), no que se manifeste a conformidade con este tratamento dos datos persoais, achegando copia do Libro de Familia ou documento acreditativo similar para acreditar a patria potestade ou tutela sobre a persoa menor de idade. A UDC, como responsable do tratamento, comprométese a utilizar este documento unicamente a efectos de facer esta comprobación, eliminando o documento unha vez efectuada.