CAMPUS NADAL 2017 (BASQUET CORUÑA)
Tempada: 2018
Campus: Deportes - Campus A Coruña

Bloque: ACTIVIDADES
Tipo: Campamento Basquet Coruña

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
Campus Basquet Coruña FAMILIARES DEPORTES 0,00 €
1ª QUENDA (DO 26 AO 29 DECEMBRO):  
- Horarios: MAR,MIE,JUE,VIE de 9:30 a 14:00
- Lugar: Pavillón Agra II, A Normal
2º QUENDA (DO 2 AO 5 DE XANEIRO):  
- Horarios: MAR,MIE,JUE,VIE de 9:30 a 14:00
- Lugar: Pavillón Calvo Sotelo
INFORMACIÓN
Todos os inscritos/as deberán ter pagado previamente o Abono Deportes (30,00 euros)

Campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer, organizado polo Basquet Coruña.

Programa desenvolvido por adestradores/as e monitores/as con formación específica en baloncesto e lecer educativo. As sesións terán como obxectivo a mellora de fundamentos técnicos e tácticos, sen esquecer o compoñente recreativo.

1ª quenda: do 26 ao 29 de decembro de 2017 (data límite de inscrición venres 22 de decembro ás 12:00 h.)
2ª quenda: do 2 ao 5 de xaneiro de 2018 (data límite de inscrición venres 29 de decembro ás 12:00 h.)

Horario: das 9:30 ás 14:00 horas.

Destinado a rapaces e rapazas que naceron entre os anos 2002 e 2013, establécense os grupos por idade e con niveis homoxéneos.

A primeira quenda terá lugar nas instalacións do polideportivo Normal e no polideportivo Agra II.
A segunda quenda terá lugar no pavillón do colexio Calvo Sotelo.

Resérvanse 10 prazas gratuítas en cada unha das quendas para os fillos/as de membros da comunidade universitaria, por rigorosa orde de inscrición.

Non é posible inscribirse gratuitamente nas dúas quendas, agás que queden prazas vacantes, nese caso terase en conta a orde de inscrición.

Unha vez realizada a inscrición na Área de Deportes da UDC, deberá poñerse en contacto co Basquet Coruña no teléfono 981264022 ou Rúa Arquitecto Rey Pedreira - 3 - Baixo 15011 A Coruña (horario das 10:00 ás 13:30 e das 16:30 ás 20:00 horas), para facilitarlle datos imprescindibles do neno/a (alerxias, permisos de imaxe..)

FOTOS