MERGULLADOR DEPORTIVO
Tempada: 2018
Campus: Deportes - Campus A Coruña

Bloque: FORMACIÓN
Tipo: Cursos de formación

Instalacións onde se imparte:
Nome Usuarios Abonos Importe
Curso Mergullador Deportivo (Abonados). A pagar na Escola de Buceo do Club del Mar 265,00 € FAMILIARES,ALUMNOS,PYC,PDI,PAS DEPORTES 0,00 €
UNICO:  
- Horarios: SAB de 0:00 a 0:00
- Lugar: Única
INFORMACIÓN
O título de buceador dunha estrela da Federación Española de Actividades subacuáticas (FEDAS) habilita para o buceo ata unha profundidade máxima de 25 metros cun escafandro de buceo autónomo sen entrar en descompresión e coa compaña dun buceador con experiencia e titulación superior a unha estrela.

As persoas interesadas, unha vez realizada a reserva nesta páxina web ou nas oficinas da Área de Deportes, terán que porse en contacto coa Escola de Buceo (981 202 251) para que poidan chamalos en canto as condicións do mar o permitan. O pagamento realizarase na instalación o día da actividade.

Condicións xerais:

- Prezo: 265€ a pagar na Escola de Buceo do Club del Mar
- Os menores de idade deberán presentar autorización escrita dos pais.
- Presentar dúas fotos carné e fotocopia do DNI.

Este prezo inclúe:

- 5 sesións teóricas (10 horas): introducción, 1º contacto coa auga, efectos do cambio de presión, a respiración con escafandro autónomo e limitacións pola respiración do aire a maior presión ca atmosférica.
- 4 sesións prácticas na piscina (6 horas).
- 4 sesións prácticas no mar (4 horas).
- Equipo completo.
- Carpeta co manual de buceo e material didáctico.
- Tramitación da documentación precisa.
- Recoñecemento médico.
- 1 vale para unha saída de buceo (equipo completo) co Club de Mar de San Amaro cun monitor.
- 50% de desconto nas 10 sesións seguintes.

FOTOS